
MARTÍN RIAL
Nací en el eje de la raíz de menos uno. |
Sentado devaixo do tornaratos do horreo o señor Boaventura “o bello” mirava o montón de leña, e pensaba… “Pra ser final de setembro penso que xa hay bastante para todo o inverno”.
Quedouse pensando sin saber moi bem que facer. Pensando, pensando, dixo… “Din que na casa dos Sánchez, Andrés trouxo una televisión… que se ves toros e o fútbol… Será cousa de ir a vela antes de marchar”.
Puxosé o seu saco de carapucha e foi camiñando polo camiño de Trasolto a casa dos Sánchez. A televisión estava na ventana da cociña mirando pra horta… Media aldea mirava uma corrida que toreaba o Cordobés (un rapaz que facía tolerías)… “Parece uma xanela de un chinero que vese lo mismo que contan pola radio. ¡Qué cousa trae este mundo de ahora!”… Cansouse de estar de pe e voltou po la carreira de Trasolto. Volvouse a sentar devaixo de tornaratos do seu horreo.
“¡Monchiño! Traime uma boa copa de caña… E no me engañes, que tua nai dame máis auga que caña… ¡Ah!, e taime un bo pitillo, ben apretadiño, que me dure moito”.
Saboreu o seu pitillo e a sua copa de caña pouco a pouco… E cando se estaba acabando dixo o seu bisneto… “¡Monchiño!, levame a cama que non teño forza. Van sendo horas de ir morrendo”.
He morreu. O señor Boaventura tiña cento oito anos.
|